Xa tedes aquí o Itinerario de hoxe co que esperamos que aprenderades moitas cousas!
Pero...se dubidades de algunha....
Podedes velo tantas veces coma querades!
Xa o sabes, pincha na imaxen!
Amosando publicacións coa etiqueta itinerarios b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta itinerarios b>. Amosar todas as publicacións
martes, 28 de abril de 2020
xoves, 23 de abril de 2020
Os nosos personaxes!
Coma puidéchedes comprobar A Coruña foi unha cidade na que viviron ou estiveron GRANDES PERSONAXES.
Atrevédesvos con eles?
Gañaredes?
O noso gran HERCULES!
Xa sabedes que Hércules é moi importante para a nosa historia, a historia da Coruña e da Torre!
Se lembrades, no itinerario falabamos dos 12 traballos que lle mandaron facer ao noso heroe de lenda....
Unha foi matar o xigante Xerión....pero...
Se lembrades, no itinerario falabamos dos 12 traballos que lle mandaron facer ao noso heroe de lenda....
Unha foi matar o xigante Xerión....pero...
¿Queredes coñecer outra?
Botamos uns bailes?
martes, 21 de abril de 2020
Itinerario PERSONAXES I
Xa descúbrichedes a nova temática do itinerario desta semana?
A verdade e que fixemos unha viaxe no tempo moi especial onde puidemos descubrir un lote de cousas interesantes.
A verdade e que fixemos unha viaxe no tempo moi especial onde puidemos descubrir un lote de cousas interesantes.
Perdíchetelo?
Non te preocupes!
Aquí o tes!
Ordenando palabras!
Unha das cousas que seguramente vos quedou máis clara é que todas estas mulleres son unhas loitadoras dos seus pensamentos.
Cada unha no seu ámbito pero todas foron unhas precursoras dos cambios!
Seredes capaces de darlle xeito?
Veña! Comprobádeo!
Vai de peregrinos!
Sabíades que existían tantos Camiños de Santiago?
Coñeciades o Camiño Ingles?
Amosade todo o que aprendíchedes co noso Itinerario!
venres, 17 de abril de 2020
Itinerario: Polas rúas da cidade de Picasso
Xa percorrechedes ás rás da nosa cidades co noso protagonista desta semana?
Se aínda non o fixéchedes...a qué esperades?
Pincha na imaxe e desfruta!
martes, 14 de abril de 2020
Debuxamos?
Sen dúbida, Picasso foi un neno que destacou dende moi pequeno coma unha gran promesa.
A que eran unha pasada os seus cadernillos?
Vos traemos un reto moi chulo e que de seguro conseguiredes, estades preparado?
Precisades, lapis e papel.
Bulide!
xoves, 9 de abril de 2020
martes, 7 de abril de 2020
Profundicemos...
Xa estamos preparados para a batalla e coñecemos os nomes das rúas pero eso dos gremios....é un pouco estrano...tédelo claro?
Recordade, pinchamos na imaxe e comentamos, adiante!
xoves, 2 de abril de 2020
As pezas da nosa historia
A que non vos esperabades que a historia da nosa cidade estivese debuxada no salón de plenos?
O noso Palacio Municipal é un verdadeiro pazo do poder e da democracia onde fica todo o noso pasado, pois recordade que a única maneira de ser capaces de cambiar o futuro do mellor xeito posible pasa sempre por coñecer, entender e amar a nosa historia e as nosas raíces.
Canto sabedes vos?
Pincha sobre a imaxe e sorprende a todo o mundo!
martes, 31 de marzo de 2020
Facendo contas!
Sen dúbida a Praza de Azcárraga ou tamén coñecida como Praza da fariña é unha das maís bonitas que temos na nosa cidade, A Coruña.
Unha praza na que perdernos baixo unha cúpula vexetal, protexidos por un máxico invernadoiro e con esa fermosa fonte dedicada a Hero...que máis se pode pedir?
Queredes descubrir máis sobre a nosa fonte?
Adiante!
Non esquezades enviárnola solución nos comentarios!
xoves, 26 de marzo de 2020
Casa Museo Maria Pita
Xa tedes dispoñible o video que emitimos onte en directo no noso Facebook.
Esperamos que disfrutarades tanto coma nos.
Se te perdeches algún dato, podes velo tantas veces coma precises
mércores, 25 de marzo de 2020
María Pita...a nosa heroína!
Xa temos claro que a nosa heroína María Pita é a representación dos centos de mulleres, homes, nenos e anciáns que xuntos loitaron e foron quen de dar resposta aos miles de soldados ingleses que nos estaban a atacar pero ainda así...
María Pita foi unha grande muller do seu tempo; loitadora, valente, protestona e sobre todo con moito pero que moito carácter!
De seguido teredes que dar coas respostas acertadas sobre este gran muller
Seredes quen de conseguilo?
martes, 24 de marzo de 2020
Comeza o xogo!
Seguro que se comezamos a pensar en lugares coñecidos da nosa cidade se vos ocurren unha recua deles pero...coñecedes todos os da nosa ruleta?
Pois non son máis que unha pequena mostra de todos os que imos descubrir nos nosos paseos pola nosa cidade, A Coruña!
Pois non son máis que unha pequena mostra de todos os que imos descubrir nos nosos paseos pola nosa cidade, A Coruña!
Xogamos?
venres, 20 de marzo de 2020
Benvidos!
Chegou a hora de coñecer a nosa cidade pero dun xeito un tanto especial...polas nosas pantallas!
Seguro que coñecedes moi ben a nosa cidade pois nela xogamos, paseamos,...pero ás veces escápansenos historias que nela sucederon noutros tempos...
Xa estades preparados para coñecer de verdade a nosa cidade?
Bulide! Nuns días comezaremos a descubrila grazas os Itinerarios Virtuais
Seguro que coñecedes moi ben a nosa cidade pois nela xogamos, paseamos,...pero ás veces escápansenos historias que nela sucederon noutros tempos...
Non vos preocupedes!!
Xa estades preparados para coñecer de verdade a nosa cidade?
Bulide! Nuns días comezaremos a descubrila grazas os Itinerarios Virtuais
Vos esperamos! Non faltedes!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Entradas que máis vos gustan!
-
Xa temos claro que a nosa heroína María Pita é a representación dos centos de mulleres, homes, nenos e anciáns que xuntos loitaron e foron ...
-
Como todos sabedes o nome da nosa heroína o ligamos sempre coa defensa da nosa cidade nunha longa e moi dura batalla. Para prepararnos...


















