Boas chicos, aqui tedes o Itinerario especial que fixemos da nosa heroína, María Pita!
Amosando publicacións coa etiqueta Asedio b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Asedio b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 9 de abril de 2020
martes, 7 de abril de 2020
Intre final!
Ola chicos!
Xa estamos de volta cunha actividade final sobre a nosa heroína e coa que poderedes amosar todo o que aprendestes cos nosos itinerarios sobre esta gran muller vencellada a nosa cidade.
Sen dúbida, xa seredes uns expertos!!!
Demostrádeo! Dalle que vai!
Profundicemos...
Xa estamos preparados para a batalla e coñecemos os nomes das rúas pero eso dos gremios....é un pouco estrano...tédelo claro?
Recordade, pinchamos na imaxe e comentamos, adiante!
venres, 27 de marzo de 2020
Canto coñecedes da vida nos tempos de María Pita?
Tras o percorrido que fixemos polas rúas da nosa Cidade Alta, retámosvos a facer a seguinte actividade, seredes capaces?
Pinchade na imaxe, resolve e comparte, nuns días poderedes ver os vosos comentarios!
Adiante!
mércores, 25 de marzo de 2020
Canto sabedes?
A que non pensábades que aprendérades tanto sobre a nosa heroína?
E sobre a nosa cidade?
Pois neste intre tedes nas vosas máns un xogo no que poder amosar todo o aprendido e ademáis poder retar as vosas familias.
A que esperades? Pincha na imaxe e que comece a batalla!
María Pita...a nosa heroína!
Xa temos claro que a nosa heroína María Pita é a representación dos centos de mulleres, homes, nenos e anciáns que xuntos loitaron e foron quen de dar resposta aos miles de soldados ingleses que nos estaban a atacar pero ainda así...
María Pita foi unha grande muller do seu tempo; loitadora, valente, protestona e sobre todo con moito pero que moito carácter!
De seguido teredes que dar coas respostas acertadas sobre este gran muller
Seredes quen de conseguilo?
Preparándonos para a batalla...
Como todos sabedes o nome da nosa heroína o ligamos sempre coa defensa da nosa cidade nunha longa e moi dura batalla.
Para prepararnos para o gran asedio que nos está a esperar, tedes que superar a seguinte proba, estade atentos, moito ollo!
Que comece o reto! Somos fortes!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Entradas que máis vos gustan!
-
Xa temos claro que a nosa heroína María Pita é a representación dos centos de mulleres, homes, nenos e anciáns que xuntos loitaron e foron ...
-
Como todos sabedes o nome da nosa heroína o ligamos sempre coa defensa da nosa cidade nunha longa e moi dura batalla. Para prepararnos...






