Boas chicos, aqui tedes o Itinerario especial que fixemos da nosa heroína, María Pita!
Amosando publicacións coa etiqueta Maria Pita b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Maria Pita b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 9 de abril de 2020
martes, 7 de abril de 2020
Intre final!
Ola chicos!
Xa estamos de volta cunha actividade final sobre a nosa heroína e coa que poderedes amosar todo o que aprendestes cos nosos itinerarios sobre esta gran muller vencellada a nosa cidade.
Sen dúbida, xa seredes uns expertos!!!
Demostrádeo! Dalle que vai!
Profundicemos...
Xa estamos preparados para a batalla e coñecemos os nomes das rúas pero eso dos gremios....é un pouco estrano...tédelo claro?
Recordade, pinchamos na imaxe e comentamos, adiante!
sábado, 4 de abril de 2020
Prazas con Poder 2
A que non vos esperavades que tivesemos todas esas curiosidades e anécdotas na praza de María Pita?
E no concello?
A verdade é que os coruñeses somos uns privilexiados, pois temos unha cidade marabillosa e fermosísima na que perdernos!
Deixamosvos de seguido o noso Itinerario deste xoves de Prazas con Poder 2 para que poidades desfrutar tantas veces coma queirades desta nosa praza.
xoves, 2 de abril de 2020
Preparado para o xogo?
Pois xa o temos aquí de novo!
Sabemos que vos gustou e que nos mandastes unha morea de emails co anterior, aquí tedes o de Prazas con Poder!
Non vos facemos esperar máis... que comece o xogo!!
venres, 27 de marzo de 2020
O momento da verdade!
Xa chegou, xa está aqui, o derradeiro momento en que tedes que amosar todo o que aprendichedes nestes dous itinerarios.
Avisade a todos os que tedes na casa!
Comeza o reto!
Pincha na imaxe e comezade a desfrutar todos xuntos, quen gañará?
Avisade a todos os que tedes na casa!
Comeza o reto!
Pincha na imaxe e comezade a desfrutar todos xuntos, quen gañará?
Bulide!
Canto coñecedes da vida nos tempos de María Pita?
Tras o percorrido que fixemos polas rúas da nosa Cidade Alta, retámosvos a facer a seguinte actividade, seredes capaces?
Pinchade na imaxe, resolve e comparte, nuns días poderedes ver os vosos comentarios!
Adiante!
xoves, 26 de marzo de 2020
A mover o esqueleto!
Como xa sabedes María Pita é unha das poucas mulleres que pertencendo ao pobo é estudada nos colexios.
Ademáis, o seu nome leva emparellado o noso Concello e a marabillosa praza no que se sitúa.
Pero mirade se é unha muller importante que ata os mesmos Lunnis de Lenda fixeronlle unha montaxe!
Botamos uns bailes?
Casa Museo Maria Pita
Xa tedes dispoñible o video que emitimos onte en directo no noso Facebook.
Esperamos que disfrutarades tanto coma nos.
Se te perdeches algún dato, podes velo tantas veces coma precises
mércores, 25 de marzo de 2020
Canto sabedes?
A que non pensábades que aprendérades tanto sobre a nosa heroína?
E sobre a nosa cidade?
Pois neste intre tedes nas vosas máns un xogo no que poder amosar todo o aprendido e ademáis poder retar as vosas familias.
A que esperades? Pincha na imaxe e que comece a batalla!
María Pita...a nosa heroína!
Xa temos claro que a nosa heroína María Pita é a representación dos centos de mulleres, homes, nenos e anciáns que xuntos loitaron e foron quen de dar resposta aos miles de soldados ingleses que nos estaban a atacar pero ainda así...
María Pita foi unha grande muller do seu tempo; loitadora, valente, protestona e sobre todo con moito pero que moito carácter!
De seguido teredes que dar coas respostas acertadas sobre este gran muller
Seredes quen de conseguilo?
Unha casa calquera...
Como xa vimos no noso Itinerario as tendas e as casas daquela época non tiñan nada que ver coas nosas de hoxe en día.
As tendas situábanse nos baixos das casas e compartían espazos.
De seguido vos propoñemos unha actividade na que teredes que ter moito ollo
Non vos preocupedes ao non ver publicado as vosas respostas pois as publicaremos dentro dunhas horas para que así non estean dispoñibles para outros nenos.
As tendas situábanse nos baixos das casas e compartían espazos.
De seguido vos propoñemos unha actividade na que teredes que ter moito ollo
Adiante!
Xa o sabes, só tedes que pinchar na seguinte debuxo que vois levará ao documento, e poñer ás vosas respostas nun comentario nesta entrada do blog.
Non vos preocupedes ao non ver publicado as vosas respostas pois as publicaremos dentro dunhas horas para que así non estean dispoñibles para outros nenos.
Preparándonos para a batalla...
Como todos sabedes o nome da nosa heroína o ligamos sempre coa defensa da nosa cidade nunha longa e moi dura batalla.
Para prepararnos para o gran asedio que nos está a esperar, tedes que superar a seguinte proba, estade atentos, moito ollo!
Que comece o reto! Somos fortes!
martes, 24 de marzo de 2020
Comeza o xogo!
Seguro que se comezamos a pensar en lugares coñecidos da nosa cidade se vos ocurren unha recua deles pero...coñecedes todos os da nosa ruleta?
Pois non son máis que unha pequena mostra de todos os que imos descubrir nos nosos paseos pola nosa cidade, A Coruña!
Pois non son máis que unha pequena mostra de todos os que imos descubrir nos nosos paseos pola nosa cidade, A Coruña!
Xogamos?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Entradas que máis vos gustan!
-
Xa temos claro que a nosa heroína María Pita é a representación dos centos de mulleres, homes, nenos e anciáns que xuntos loitaron e foron ...
-
Como todos sabedes o nome da nosa heroína o ligamos sempre coa defensa da nosa cidade nunha longa e moi dura batalla. Para prepararnos...












